O Pleno do Concello apoia a iniciativa de SOS Galicia contra os recortes sanitarios
Os votos de socialistas e nacionalistas foron quen de dar luz verde ao apoio do Pleno á Iniciativa Lexislativa Popular impulsada por SOS Galicia contra os recortes sanitarios, así como de trasladar esta decisión á presidenta do Parlamento. A Corporación decidiu instar á Xunta a á Consellería de Sanidade a garantir a Sanidade Pública como servizo universal e gratuíto.
O Pleno municipal decidiu esta mañá de luns manifestar o seu apoio á Iniciativa Lexislativa Popular promovida por SOS Galicia e trasladarlle este acordo á presidenta do Parlamento. A Corporación fixo un debate conxunto, posto que as mocións presentadas por ambos grupos eran iguais, e decidiu instar á Xunta de Galicia e á Consellería de Sanidade a garantir a Sanidade Pública como servizo universal, gratuíto e de calidade e a manter a xestión pública e directa do Sistema de Saúde de Galicia.
Outra das cuestións incluídas no texto aprobado da luz verde á animar aos veciños a colaborar con esta iniciativa, que ten como obxectivo frear "esa tendencia privatizadora mediante a defensa e promoción da sanidade pública galega para a efectividade do dereito constitucional á protección da saúde".