O Concello de Vigo e aqualia conciencian aos rapaces sobre o consumo responsable da auga
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, con motivo do Día Mundial da Auga, entregou os premios do concurso anual de aqualia de debuxo infantil e recordou que é preciso "tomar medidas" para garantir o abastecemento . No marco desta celebración, aqualia colabora en dous importantes proxectos solidarios de Acción Contra el Hambre e a Fundación Theodora.
O Concello de Vigo e aqualia, empresa xestora do Servizo Municipal de Augas de Vigo, conmemoraron o Día Mundial da Auga coa entrega de premios do Concurso Internacional de debuxo infantil "A auga, o luxo máis transparente. Dálle cor!", dirixido a escolares de 3º e 4º curso de Primaria.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero e o Concelleiro de Fomento, David Regades, acompañados polo Director Territorial de aqualia José Luís García Ibáñez e o Director UTE Vigo, José María Ardoy, foron os encargados de entregar os premios aos alumnos galardoados nesta edición do concurso.
No marco do Día Mundial da Auga, o alcalde de Vigo, Abel Caballero subliñou que "a seca amenaza con ser severa" e solicitou á Xunta de Galicia "tomar medidas" para garantir o abastecemento, retomando o proxecto de construción dunha conexión entre o río Verdugo e o encoro de Eiras.
Pola súa banda, o Director UTE Vigo, José María Ardoy quixo destacar que "co concurso a empresa asume a responsabilidade que, como compañía xestora, temos na difusión dos hábitos e comportamentos idóneos para contribuír ao bo uso da auga, especialmente entre os máis novos. Temos a tarefa fundamental de aportar as solucións técnicas para a optimización dos recursos dispoñibles, pero tamén unha adicional de dar a coñecer a importancia de consumilos de forma eficiente e racional".
Un concurso en auxe
O Concurso Internacional de Debuxo Infantil, abriu o seu prazo de entrega o 22 de marzo de 2011 e este ano participaron un 40% máis de colexios respecto ao ano pasado. Recibimos un total de 1.045 debuxos de 32 colexios. Desde a primeira edición do concurso contabilizáronse 260.000 debuxos de España, Portugal e Italia.
Esta 9ª edición do concurso que leva por nome "A auga, o luxo máis transparente. Dálle cor!", pedía unha vez máis aos nenos que plasmasen nos seus debuxos a importancia do coidado da auga na súa vida e na da súa cidade.
Entre os oito nenos premiados na nosa cidade, Adrián Ojea De Andrés, do colexio Mariano resultou ser unha dos dez gañadores individuais do concurso a nivel nacional e os 7 escolares restantes recibiron o premio finalista:
Gonzalo Pérez-Lorente Apóstol Santiago Jesuitas
Pablo Ureña Pérez Niño Jesús de Praga
Antón Iglesias Blanco Emilia Pardo Bazán
Alessandra Pereira Hermida Mariano
Álvaro Pazos Fernández Saladino Cortizo
Carlos Dávila Cabaleiro San Fermín
Sara Figueroa Pérez Sobreira
Compromiso solidario de aqualia
A partir de hoxe ábrese o prazo de presentación da 10ª edición do concurso que este ano ten como lema "Un sobresaínte para ti,un sobresaínte para o planeta". Os nenos de 3ª e 4ª de Primaria poderán presentar os seus debuxos sobre o coidado e o coñecemento da auga. Este ano con cada debuxo participarase na acción de aqualia coa Fundación Theodora. aqualia doará o 10% en euros do número de debuxos presentados á Fundación Theodora que traballa co único obxectivo de que os nenos hospitalizados non se esquezan de rir grazas á visita dos seus pallasos hospitalarios, os Doutores Sorriso.
Ademais, aqualia no marco do Día Mundial da auga, que se celebra baixo a lema "A auga e a seguridade alimentaria", colabora coa campaña #hazqueseoiga de Acción Contra el Hambre (ACH). Esta iniciativa presenta un dobre obxectivo: por unha banda, a concienciación colectiva ante a situación dos 1.400 millóns de persoas que non teñen acceso á auga potable e, por outro, recadar fondos para Acción Contra el Hambre e que se concretarán en proxectos sobre o terreo.. A proposta de ACH e aqualia consiste en convidar aos cidadáns a utilizar música e auga nos seus computadores e teléfonos móbiles para compor unha melodía. O vídeo da campaña, protagonizado polo músico alemán especializado en composición de melodías con copas de auga Petr Stapina, terá como obxectivo conseguir visitas a www.hazqueseoiga.org.
aqualia
É a sociedade cabeceira para a actividade de auga de FCC, un dos primeiros grupos europeos de servizos cidadáns. A 3ª empresa de Xestión da Auga do mundo, está presente en máis de 1.100 municipios cunha poboación atendida superior aos 28.000.000 de habitantes. Conta cunha carteira de negocios superior aos 13.000 millóns de euros, dos que o 30% proveñen da actividade internacional. Na actualidade, traballa en 17 países como Portugal, República Checa, Italia, Exipto, Alxeria, China ou México entre outros.
Descargar todas as imaxes