Inauguración da exposición colectiva "Radiador. Nova figuración en Galicia"
"Radiador" é o título da exposición que se pode visitar na Fundación Laxeiro do 23 de marzo ó 24 de maio e que amosa unha selección de obras de sete creadores contemporáneos galegos.
![1332417859laxeiroradiador.jpg 1332417859laxeiroradiador.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1332417859laxeiroradiador.jpg)
A exposición é un proxecto que pretende revisar as retóricas da figuración contemporánea a través dun grupo de artistas que se moven entre o eido da descrición e a narración.Os artistas que participan son Javier Aguilera, Bosco Caride , Elena Fernández Prada , Germán González Pintos , Ignacio Pérez-Jofre, Jorge Perianes e Juan Rivas
Radiador é a primeira dunha serie de exposicións colectivas nas que, baixo o título xenérico de Panorama, a Fundación Laxeiro mostrará cada ano o traballo dun grupo de artistas galegos ou que desenvolven o seu traballo en Galicia, que coinciden en formulacións, técnicas ou procesos, conformando así un panorama da creación contemporánea na nosa Comunidade Autónoma.
Descargar todas as imaxes