O rexedor ofrece ao Náutico toda "a cooperación para manter un edificio da máxima importancia arquitectónica"
Abel Caballero anunciou hoxe mércores a intención do Goberno municipal de "cooperar co Real Club Náutico para manter un edificio, -catalogado como protección estrutural-, da máxima importancia arquitectónica". Así o explicou logo de aclarar que os responsables da entidade propoñen un peche temporal para repoñer a cúpula e reparar danos.
O inmoble do Náutico, que onte sufriu un derrubamento no seu interior, está catalogado como protección estrutural polo que o rexedor avanzou toda a "cooperación municipal para manter un edificio da máxima importancia arquitectónica". Explicou que nestes momentos hai que repoñer a cúpula e reparar danos, puntualizando que aínda non se coñecen as causas nin as consecuencias definitivas do derrubamento.
Durante a rolda de prensa, avanzou que, en colaboración co Náutico, nestes momentos hai dous técnicos da Xerencia "revisando a fondo para facer un ditame" . Aínda que se trata dun edificio privado, no que o Concello non ten responsabilidade algunha, Caballero insistiu na vocación de cooperar para que siga sendo un emblema da arquitectura "nas mellores condicións". O edificio, engadiu, pasou a ITE o ano pasado "do que se inxire que o dano estaba oculto".
Rematou aclarando que hai un proxecto de reforma de todo o edificio, pendente da autorización sectorial da Concellería de Cultura.
Descargar todas as imaxes