Escoitar

Concello e Xunta acordan renovar os estatutos do Consorcio do Casco Vello mantendo a unanimidade nas decisións

O alcalde informou da celebración do Pleno do Consorcio no que acordouse modificar os seus estatutos por unanimidade, outorgando á Presidencia á Xunta de Galicia -María José Bravo Bosch- e a vicepresidencia ao Concello de Vigo -Santiago Domínguez- e mantendo a necesidade de adoptar as decisións por unanimidade. Caballero eloxiou o acordo polo "notable" traballo realizado pola entidade na recuperación do Casco Vello.

mércores, 21 mar 2012
1332334603Imagen003.jpg
O alcalde indicou que o Pleno acordou decisións "moi favorables" para a cidade, como a aprobación por unanimidade da proposta de modificación dos estatutos elevada polo Concello de Vigo.

Caballero quixo salientar dous cuestións recollidas na normativa: o mantemento do criterio da unanimidade de decisións -como acontecía ata o momento- e que a imaxe corporativa e pública do Consorcio incluirá ás administracións incluídas -neste caso, a Xunta de Galicia e o Concello de Vigo-.

Os estatutos aprobados tamén estipulan que a Presidencia do Consorcio será proposta polo goberno autonómico -inicialmente en mans da delegada da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch- e a vicepresidencia de nova creación, polo goberno local -quen propuxo ao concelleiro Santiago Domínguez-.

"Creo que temos resolto un problema", afirmou Caballero sobre a renovación por unanimidade dos estatutos, porque "garantízase" a continuidade do Consorcio que está a realizar un traballo "notable" na recuperación do Casco Vello.
Descargar todas as imaxes