O Concello activa dúas campañas de tráfico no rural para controlar o estacionamento e a velocidade
O alcalde comentou hoxe martes que desde comezos de mes están en marcha dúas campañas de tráfico no rural para controlar a velocidade e os estacionamentos sobre as beirarrúas, en ambos casos a petición dos propios veciños. No primeiro caso, o Concello xa efectuou 3.277 controis cun resultado dun centenar de denuncias.
Abel Caballero indicou que os controis de velocidade estanse a dispor en Areeiro, Cabalaria, na estrada de Bembrive, Macal, San Xoan, Freixo e Viña Grande, cun balance de 100 multas de case 3.300 coches analizados. Viña Grande e San Xoan tiveron a maior proporción de vehículos sancionados. O goberno local iniciou este sistema para completementar ás bandas redutoras de velocidade, que "habitualmente" son arricadas.
Sobre a campaña de estacionamentos en beirarrúas do rural, Caballero recordou que o nivel de humanizacións é "moi importante" e detectouse que éstas empréganse como aparcamento de turismo. Tras un periodo de información aos infractores, onte comezaron as sancións cun total de 11 vehículos. "Imos seguir co impulso para tratar de que a cidade e os incívicos reaccionen aparcando nos lugares indicados", asegurou Caballero.
Descargar todas as imaxes