Escoitar

O Verbum acolle os actos do "Día Mundial da Poesía"

O DIA MUNDIAL DA POESÍA, celebrarase este ano no VERBUM - casa das palabras o mércores 21 de marzo ás 20.30h, cunha actividade que une música e poesía. Este concerto - recital impulsado pola Concellería de Cultura e producido por Sul producións invita non so ao publico máis versado a difrutar e achegarse á poesía galega se non a unha audiencia máis xeral que de seguro conectará con esta proposta que mestura música e poesía.

luns, 19 mar 2012
1332161224poesia.jpg
O grupo Xardín Desordenado interpretará poemas de poetas galegos feitos canción. A este concerto que ten como absoluto protagostica á poesía galega súmanselle tres grades nomes da poesía galega actual que veñen a representar 3 xeracións de escritores, Xosé María Alvarez Cáccamo, Marta Dacosta e María Lado.

Os breves recitais dos poetas oiranse totalmente integrados e acompañados pola música do grupo vigués sendo unha ocasión sen dúbida única para coñecer parte dos novos traballo literarios dos poestas.

Biblioteca Xosé Neira Vilas

Para conmemorar que o mércores 21 de marzo é o Día Internacional da Poesía, ao longo da semana que vai do 19 ao 24 de marzo, a Biblioteca Xosé Neira Vilas, convida a todos os interesados a colaborar coa celebración: un montón de "pósits" estarán a disposición dos usuarios para que plasmen neles o seu poema (ou fragmento) favorito, escriban unha composición propia ou mesmo recorden algunhas letras de cancións que son tamén verdadeira poesía. Con todas as aportacións empapelarase a biblioteca de Poesía!
Descargar todas as imaxes