Escoitar

Vigo terá uns orzamentos "austeros" volcados en emprego e política social, "o que precisa a cidade"

Os orzamentos de Vigo serán "austeros e estarán volcados no emprego", dixo o rexedor de Vigo logo de que o documento fora aprobado pola Xunta local de Goberno. Nun prazo que calculou en dous meses, a cidade contará con novas contas que aumentan o 98% e 10,7 por cento as partidas de emprego e políticas sociais, a pesares de diminuír o orzamento de gasto en case catro puntos respecto a 2011.

venres, 16 mar 2012
1331904620alcalde4.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero anunciou esta mañá que a Xunta local de Goberno aprobou as contas municipais para 2012. Deste xeito, nun prazo aproximado de dous meses, Vigo contará cun orzamento "austero, volcado e adicado ao emprego tal e como precisa nestes momentos a cidade". O orzamento de gasto se sitúa en 217.785.000 euros, o que supón unha caída dun 3,9% respecto do 2011, que foi de 226.763 euros. En grandes partidas, explicou, os gastos de persoal diminuíron un 0,5%, de 67.366. 000 euros, baixan a 67.260.000 euros; o capítulo dous, de gastos correntes, bens e servizos diminúen nun 3,62% , "o que supón un esfuerzo moi importante", xa que pasamos de 107.700.000 euros a 103.835.000 euros; ademais, as transferencias correntes aumentan un 0,6%, sobre todo por políticas sociais.

Os investimentos reais pasan de 19,9 a 13,5 millóns, e a diferencia entre o orzamento de gastos, 217.785.000 euros e o cifra prevista de ingresos, 220 millóns, vai servir para cubrir déficits de algunha xerencia, "polo que o saldo do concello pasa a ser de equilibrio, un feito histórico na cidade".

No tocante a ingresos, dixo, hai que engadir o incremento do 10% do IBI decretado polo Goberno Central, o que supón 5 millóns máis de ingresos, pero, aclarou, a situación económica é peor que cando se fixo o cálculo de ingresos aprobada para este ano, "fixemos un orzamento máis conservador" e avanzou axustes á baixa nas previsións de IAE e taxas, que baixan en 620.000 euros "porque as previsións de fai catro meses cambiaron e este é un orzamento moi realista".

Humanizacións
As humanizacións recibirán 14,1 millóns de euros, e acometeránse obras no Paseo de Bouza, Nicaragua, Brasil, Aragón, Pintor Colmeiro, Martínez Garrido, Ramón Nieto, Doutor Marañón e Menéndez Pelayo. A súa vez, indicou, "faremos investimentos en parques infantís, biosaludables e xardíns". O documento recolle tamén a construcción de novas escolas infantís de Lavadores e Navia, así como melloras nas pistas de atletismo de Castrelos, -120.000 euros-, en mercados como o do Progreso, melloras na Etea e subvencións a asociacións veciñais e culturais.

Destacou de xeito importante as políticas de benestar, que pasan de 9,7 a 10,6 millones, o que supón unha subida de 10,7%. Becas libros y comedor, 800.000 euros; axudas as familias, 445.000 euros; Convenio Vida Digna, 45.000 euros; Programa de melloras no fogar, 60.000 euros; Banco de alimentos,43.000 euros; Convenio Misioneros, 57.000 euros; Convenio Afán, 55.000 euros; Plan Municipal de Igualdad de Oportunidade,190.000 euros; Actividades grupos desfavorecidos, 140.000 euros; Plan Local de Drogas, 60.000 euros; Programa Minorías Étnicas, 120.000 euros; Convenio Infancia, 526.800 euros e Xantar na casa, 80.000 euros. "Este incremento de case un 11% respecto do ano 2011, nun orzamento que diminuiu case un 4% é especialmente reseñable", matizou.

Respecto das políticas de emprego, avanzou que a inclusión de 5,2 millóns para xeración de emprego directo. Esta partida crece un 98% respecto ao ano pasado, nun orzamento que baixa máis dun 3%, matizou.

As achegas á cultura crecen por riba dos 100.000 euros e, ademais, inclúense os convenios de Favec e de Centro Cívico de Teis. Tamén figura a primera anualidad para a mellora no mercado de O Berbés, con 100.000 euros, cun compromiso de 2,1 millones en 2013; Túnel Xulián Estévez, cunha primera anualidad de 81.200 euros e una segunda en 2013 de 818.800 euros; e, por último, primeira anualidad para Centro Social en A Miñoca: 80.000 euros e compromiso en 2013 de 920.000 euros.

Durante a súa comparecencia de prensa ofreceu outros datos de interese, aportando diferencias respecto as contas do ano pasado. En concreto aludiu as seguintes partidas: emprego, que subiu un 98%; políticas de benestar, que subiu nun 10,7%; transporte público, cun crecemento de 9,2%, todo isto reducindo a carga de deuda pública nun 14,2%. Por último referiuse á diminución dun 18% en gastos de órganos de Goberno, "debido sobre todo a reducións no equipo de Goberno, no que baixou o número de asesores e de dedicacións exclusivas".
Descargar todas as imaxes