O goberno local denunciará os convenios "lesivos" para Vigo e serán redactados de novo atendendo ao interese xeral
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo hoxe xoves este anuncio tras facerse pública unha nova sentenza de 600.000 euros á que terá que facer fronte o Concello por unha decisión de 1994. Caballero argumentou que estas "catástrofes" deixan unha hipoteca de case 25 millóns de euros e avogou porque aqueles que tomaron decisións "lesivas" para a cidade asuman a súa responsabilidade.
Caballero argumentou que existe unha figura xurídica que permite denunciar convenios xa asinados, revisalos e redactalos de novo atendendo ao interese da cidadanía de Vigo.
A modo de exemplo, o alcalde citou o convenio rubricado polo Concello e a Xunta de Galicia para a construción do novo hospital de Vigo, un texto rubricado sen informes técnicos de valoración do custo económico que suporía este acordo para as arcas municipais: "tería que haber un mecanismo" para que aqueles que rubricaron estas "catástrofes" respondan das súas decisións.
Abel Caballero explicou que estas cuestións "acabáronse" e o Concello asumirá as responsabilidades que lle competen atendendo ás súas competencias. O alcalde recordou que o actual goberno local xa tivo que afrontar indemnizacións por decisións de executivos locais anteriores, como os 11 millóns de Miraflores ou os 1,7 do litixio dos taxis. En total, o "legado" procedente destas decisións pasadas suman case 25 millóns de euros, segundo explicou.
Descargar todas as imaxes