Caballero salienta a "importancia" da información nas institucións públicas e privadas
O alcalde indicou este xoves na sesión de apertura das II Xornadas Técnicas Conxuntas de Auditoría que a laboura destes profesionais, tanto para o ámbito público como para o privado, "é especialmente importante en época de crise porque a tendencia á opacidade multiplícase". Pese a que Vigo non ten débedas, Caballero recordou que hoxe remata o prazo para que os municipios remitan ao Goberno de España as facturas pendentes sen pagar, saíndo á luz impagos das administracións.
O ámbito público e privado "precisan da capacidade de saber qué está a acontecer e esa é a vosa tarefa que, se é importante en calquera momento, é especialmente importante en época de crise porque a tendencia á opacidade multiplícase", indicou Abel Caballero ante os profesionais da auditoría.
Durante a súa intervención, o rexedor vigués afirmou que as entidades financeiras -en España e Europa- tamén trataron de ocultar información sobre os seus activos tóxicos e apuntou que "non pode suceder" que millóns de aforradores depositaran a súa "confianza" nas institucións financeiras "sen ter a información dispoñible". Concluíu Caballero que "por iso a vosa actividade ten tanta demanda social".
Abel Caballero transmitiulles "todo o noso alento para que estas xornadas comecen ben" e aseverou que Vigo é a cidade da economía e "hoxe abrimos un paréntese e decimos que tamén é a cidade da auditoría".
As II Xornadas Técnicas Conxuntas de Auditoría son o froito do esforzo das tres corporacións de auditores -REA, ICJCE e REGA- para prestar aos seus membros un marco de encontro formativo agregado dentro da profesión. O obxectivo pasa por integrar as tres entidades para dotar aos auditores de contas dunha voz única ante as administracións e a sociedade.
Os ponentes das xornadas céntranse nos aspectos relevantes do día a día da profesión, procurando ademais afondar no futuro desta actividade cunha mesa redonda que pecha o evento.
Descargar todas as imaxes