Exposición "O traxe a través do proceso do pan"
Este xoves 15 de marzo, ás 19,00h, terá lugar na casa Galega da Cultura a inauguración da exposición "O traxe a través do proceso do pan", dentro das actividades da Festa da Reconquista da Vila de Vigo, organizada pola Asociación Veciñal e Cultural "Casco Vello", coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas. A exposición, comisariada por Patricia González, poderá visitarse entre o 16 de marzo e o 8 de abril.
![1331731708otraxe.jpg 1331731708otraxe.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1331731708otraxe.jpg)