Escoitar

O alcalde avanza que as políticas de emprego municipais xerarán este ano 875 postos de traballo

O rexedor, representantes empresariais e sindicais asinaron esta mañá o convenio de Imos Traballar, cun investimento de 1.663.000 euros, que xerará 255 postos de traballo. A esta iniciativa súmanse as políticas keynesianas de emprego, que aportarán 500 empregos máis, ás que hai que engadir outras 120 procedentes de accións formativas remuneradas.

mércores, 14 mar 2012
1331730361imostraballar.jpg
O alcalde de Vigo asinou esta mañá o convenio Imos Traballar con representantes empresariais e sindicais, o que supón "a posta en marcha dunha iniciativa económica da maior importancia" para un proxecto de xeración de emprego de dous anos, que conta cun orzamento de 1.666.000 euros, segundo explicou o rexedor. O 80% dos cartos proceden do Fondo Social Europeo, mentres que o Concello aporta 333.000 euros. Durante a comparecencia cos medios, explicou os obxectivos do proxecto, dirixido aos demandantes de emprego da cidade, especialmente a menores de 30 anos, maiores de 45, parados de longa duración e persoas en risco de exclusión social.


Este programa se adicará a dar formación retribuído a 255 persoas co compromiso adicional "da fortaleza na busca de emprego para os que rematen o programa". Destacou a "importante cantidade de recursos que o Concello adica a proxectos de xeración de emprego", aludindo aos 500 postos de traballo procedentes das políticas keynesianas de xeración de emprego e as 120 do programa de accións formativas remuneradas, o que significa un programa de creación de emprego para 875 persoas".

O convenio Imos Traballar, ademais de polo rexedor, foi asinado por Patricia García Gonzalez, presidenta da Asociación de Jóvenes Empresrios; María Teresa R. Vidal, presidenta da Asociación Provincial de Empresarias; Luis Novoa, vicepresidente da Cep; José Cameselle Romero, secretario xeral da Unión Comarcal de CCOO; Serafín Otero Fernández, secretario xeral da CIG; e Antonio Juste, secretario xeral de UXT.
Descargar todas as imaxes