Novo intento de récord de solo de guitarra no MARCO
Tan só unha semana despois de que Gabriel Domínguez batise o récord do ‘Solo de guitarra máis longo endexamais interpretado’, cun rexistro de 7 horas, 10 minutos e 6 segundos, mañá mércores 14 de marzo, a partir das 12.00, un novo candidato tentará batelo á súa vez.Nesta ocasión, será Cristian Matos Paes quen, coa súa participación, active novamente a peza do artista Thom Kubli na exposición ‘PRESENZA ACTIVA. Acción, obxecto e público’.
Record Attempt , de Thom Kubli, é unha das obras incluídas na exposición PRESENZA ACTIVA, nas salas da planta baixa. Esta instalación e plataforma de performance presenta un arquivo documental e un escenario en directo para que os participantes tenten bater o récord do ‘Solo de guitarra máis longo endexamais interpretado’, que o propio artista deixou o 9 de febreiro en 7 horas, 5 minutos e 4 segundos, e que Gabriel Domínguez García conseguiu bater o mércores 7 de marzo, cun novo rexistro de 7 horas, 10 minutos e 6 segundos.
O concurso está aberto ao público para responder ao reto durante o período que dure a mostra, previa cita. Ata agora, outros dous participantes (Francisco Javier Fragueiro Vilanova e Alex López Fernández) tentaron tamén bater o récord, con rexistros de 57 minutos e 40 segundos; e 1 hora, 31 minutos e 25 segundos, respectivamente.
Todas as actuacións están supervisadas por unha testemuña e son retransmitidas en tempo real a través da web. Durante as accións, o público permanece separado fisicamente da actividade, que ten lugar dentro dunha cabina illada, provista dunha fiestra para ver o interior. Na mesma sala exhíbese tamén un vídeo que documenta o primeiro intento de récord de Thom Kubli, sincronizado cun texto sonoro do artista revelando os sinceros motivos que o levaron a realizar o ‘Solo de guitarra máis longo endexamais interpretado’.
Descargar todas as imaxes