O Goberno municipal acometerá a reforma da grada de río alto de Balaídos por 19.000 euros
O alcalde de Vigo avanzou hoxe martes que a reparación da grada de río alto do estadio de Balaídos da que se desprenderon os cascotes o pasado venres ascenderá a 19.000 euros. As obras se acometerán de xeito inmediato, logo de que os técnicos avaliaran o suceso, atribuíndoo "á oxidación da estrutura metálica interna que levaba sen mantemento 20 ou 25 anos".
O Concello investirá 19.000 euros en acometer unha reforma urxente na grada de Rio Alto do estadio municipal de Balaídos da que se desprenderon cascotes o pasado venres, 9 de marzo, sen causar danos. En verbas do alcalde de Vigo, Abel Caballero, un informe técnico determina que "a caída foi froito da oxidación da estrutura metálica interna, na que non se fixo traballo de mantemento algún desde hai 20 ou 25 anos".
Responsables de Urbanismo, Deportes e Fomento, que fixeron onte unha inspección das instalacións deportivas, concluíron que na zona afectada é preciso "volver cementar e colocar uns perfís de aceiro para que quede en perfecto estado o antes posible", explicou Caballero. En segundo lugar, engadiu, os técnicos detectaron que hai que realizar a reparación da chapa de cuberta -tamén en río- que foi danada por un dos últimos temporais.
Aludiu tamén o alcalde a outras dúas reformas, neste caso menores e que non revisten perigo algún, que pasan por consolidar elementos prefabricados de gradas e melloras nas bancadas de formigón.