Concello e Foanpas elaborarán un mapa das necesidades especiais que teñen os nenos discapacitados
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asumiu hoxe martes un compromiso coas Foampas para deseñar conxuntamente un mapa das necesidades especiais que teñen os nenos ou nenas que sofren algunha discapacidade. Logo de manter un encontro co presidente, Alfonso André, e outros membros do organización, o rexedor avanzou que un dos obxectivos que se prantexan e que haxa parques diseminados por toda a cidade con dispositivos axeitados ás necesidades destes rapaces.
O Concello de Vigo colaborará coas Foanpas para elaborar un mapa das necesidades especiais que teñen os nenos ou nenas con algún tipo de discapacidade física ou síquica para facilitarlles o acceso á cidade, ao ocio, ao deporte e ao ensino. Así o avanzou esta mañá de martes, Abel Caballero, logo de manter un encontro con Alfonso André, presidente da asociación e outros responsables da mesma.
Durante a reunión, acordouse acometer un tratamento global e traballar de "xeito unitario en parques, centros educativos e deportivos para que calquera neno discapacitado poida facer vida normal" explicou Caballero. Un dos obxectivos é que haxa un número de parques con dispositivos axeitados para que estes nenos, que requiren un tratamento diferencial, poidan disfrutar do ocio e, ademais, que estas áreas de recreo estean diseminadas ao longo da cidade, "de xeito que todos teñan accesos preto da súa vivenda". O compromiso adquirido coas Faoampas, indicou, converte a Vigo "nunha cidade volcada coas necesidades especiais de ocio e educativas".
Descargar todas as imaxes