Estudantes do instituto Castelao e o CPR Vista Alegre debaten sobre "O futuro do galego está na lusofonía"
O Verbum acolle o mércores día 14 ás 17.30 horas, a fase final local da primeira edición do Club de Debate que organiza a Concellaría de Normalización Lingüística en colaboración cos equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino do municipio. Esta actividade busca dinamizar o uso da lingua galega mediante o traballo da fluidez comunicativa e o pensamento crítico e analítico sobre temas de actualidade.
Nesta fase final participan o instituto Castelao e CPR San Brais-Vista Alegre, e debaterán sobre " O futuro do galego está na lusofonía". Os gañadores competirán na final galega que terá ñugar o 28 de abril en Pontevedra.
O certame de debate é unha inicitiva promovida polos Servizos de Normalización Lingüística de 13 concellos: Ames, Betanzos, Carballo, Carral, A Coruña, Ferrol, Oleiros, As Pontes, Pontevedra, Rois, Santiago de Compstela, Teo e Vigo.
Os obxectivos do Club de Debate son:
· Favorecer o emprego da lingua galega na mocidade, especialmente o uso oral en contextos formais e informais.
· Traballar no afondamento e no coñecemento dunha das habilidades sociais máis importante: a fluidez comunicativa, ligada á oratoria.
· Incitar o pensamento crítico e analítico sobre temas de actualidade, deixando de lado os estereotipos da mocidade en canto intereses e preferencias.
· Fomentar a diversidade de opinións, a tolerancia fronte a diferentes cuestións e o traballo en equipo.
· Colaborar cos ENDL dos centros de ensino secundario no labor de dinamización do uso da lingua galega para acadar a normalización do idioma.
O xurado está composto por cinco persoas e integrado por María Teresa Vázquez de la Cruz, como presidenta; e os vogais Milagros Alonso ( xornalista); Francisco Castro ( escritor); Mar Pino ( secretaria de xulgado) e Paula Soto ( técnica de normalización lingüística do Concello de Moaña)
O equipo campión será premiado cun vale de 500 euros para mercar libros e/ou banda deseñada en galego. O equipo finalista recibirá un vale de 300 euros para mercar, igualmente, material bibliográfico, música, dvds... en galego.
O equipo gañador, ademais, será -como xa dixemos- o que representa a nosa cidade na final galega. O equipo vencedor absoluto terá como premio unha viaxe de fin de semana para 20 persoas.
Descargar todas as imaxes