Escoitar

Caballero informou que o prazo medio de pago das facturas é de 39 días

O alcalde de Vigo desvelou o informe de Tesourería correspondente ao último trimestre do pasado ano, que revela que o prazo medio no que o Concello paga as súas facturas é de 39,54 días, cando a norma xeral entre os municipios é incumplir cos 50 días de máximo que establece a lexislación. Abel Caballero estimou que o que preside é "probablemente o concello que paga con máis prontitude en toda España e estamos moi orgullosos de poder decilo".

martes, 13 mar 2012
1331644389Imagen005.jpg
"Batimos un récord en capacidade de pago", aseverou Caballero, xa que o prazo medio de abono das facturas no último trimestre de 2011 situóuse en 39,54 días. "Non temos neste momento ningunha obriga pendente de pago en Tesourería e por tanto melloramos con moito o prazo que a Lei de Contratos do Estado establece" nun máximo de 50 días.

Reiterou o rexedor que a norma xeral é que os municipios españois sobrepasen estes 50 días, e incluso grandes cidades tardan máis de 700 días en satisfacer as facturas. Valorou Caballero que Vigo poder ser "probablemente o Concello que paga con máis prontitude en toda España e estamos moi orgullosos de poder decilo" porque é obxectivo do goberno local ter "finanzas saneadas" no Concello.

Abel Caballero quixo felicitar aos concelleiros do seu goberno responsables na materia e aos servizos técnicos do Concello, pois é un "mérito colectivo" de toda a institución municipal situarse neste tempo medio de prazo.
Descargar todas as imaxes