Escoitar

Últimos días para visitar a exposición Unha... dúas... tres... que conto é o que ves? de Cristina F. na Fundación Laxeiro<br />

A exposición clausúrase o vindeiro domingo, 11 de marzo . Unha... dúas... tres... que conto é o que ves? é unha exposición participativa na que o público (infantil) interven de xeito que a montaxe va mudando de aspecto, convertendo aos nenos e nenas que visiten a exposición en protagonistas. A exposición mostra os traballos de ilustración máis salientables da autora Cristina F.

luns, 12 mar 2012
1331556408expolaxeiro.jpg
Cristina F (Salamanca, 1962) leva dúas décadas facendo relatos infantís. Contos que ela escribe e ilustra, creando mundos singulares que só poderían saír da súa imaxinación.

Esta exposición amosa os traballos de ilustración que a artista leva facendo dende hai case vinte anos e está dirixida especialmente ás nenas e nenos máis pequenos da familia.

Unha... dúas... tres... que conto é o que ves? é unha exposición participativa na que o público (infantil) irá intervindo de xeito que a montaxe irá mudando de aspecto, convertendo aos nenos e nenas que visiten a exposición en protagonistas.

A exposición mostra os traballos de ilustración máis salientables da autora Cristina F, nunha montaxe divertida que contará cun tendedeiro de onde pendurarán as ilustracións orixinais do seus traballos, a Colección Mala Malona (1998), o navegante (2001), alfombriña (2008), al folerpas de neve (2010), a comer!! (2011).
Descargar todas as imaxes