Escoitar

O goberno local achega 291.000 euros aos colexios de Infantil e Primaria para mantemento

Tras a celebración da Xunta de Goberno Local deste venres, o alcalde anunciou a concesión de 291.000 euros para as tarefas de mantemento e conservación dos centros educativos de Infantil e Primaria, unha autoxestión demandada polos propios colexios. Por outra banda, Abel Caballero recibiu esta mañá aos 25 novos funcionarios que incorporáronse aos seus postos de traballo.

venres, 16 mar 2012
1331911654funcionarios.jpg
Recepción aos novos funcionarios
O goberno de Vigo aprobou este venres o procedemento de xestión directo polos Consellos Escolares de 291.000 euros para que os propios colexios de Infantil e Primaria de Vigo acometan obras de mantemento, conservación, reparación e seguridade dos centros.

Tal e como revelou Caballero, este programa municipal de autoxestión de recursos económicos é unha solicitude dos propios centros escolares, quenes reclamaban autonomía de atuación

Funcionarios
Esta mesma mañá, Abel Caballero recibiu aos 25 novos empregados que veñen de incorporarse recementemente aos seus postos de traballo no Concello de Vigo. O rexedor trasladoulles que "o noso papel" como traballadores da administración é "prestar o servizo que os cidadáns demandan".
Descargar todas as imaxes