Urbanismo aproba a expropiación para a apertura dun vial entre Ferrería a Abeleira Menéndez
O alcalde de Vigo informou hoxe venres do acordo adoptado pola Xerencia municipal de Urbanismo sobre a aprobación definitiva do proxecto expropiatorio para demoler un inmoble en mal estado, co obxecto de abrir un novo vial que conecte entre a Ferrería e Abeleira Menéndez. Por outra banda, Caballero recordou que, durante o 2012, o Concello xa concedeu 241 licenzas de obra e actividade.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu conta dun acordo que será elevado á Xunta de Goberno Local e que implicará a demolición dun inmoble que o rexedor quere derrubalo "o antes posible".
Por outra banda, o Concello de Vigo recibíu outras dúas sentenzas xudiciais favorables aos intereses da cidade sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal, resolucións que súmanse a outras que respaldaron a legalidade do PXOM.
Ademais, o Consello da Xerencia municipal de Urbanismo deu conta hoxe da concesión de nove licenzas de obra e outras tantas de actividade. Segundo afirmou Caballero, as autorizacións concedidas en 2012 ascenden a 241.
Descargar todas as imaxes