Escoitar

Ciclo de charlas sobre a "Historia das mulleres en Galicia"

o Centro de Documentación e Recursos Feministas organiza un ciclo de charlas sobre a "Historia das mulleres en Galicia".Obra conxunta de cinco historiadoras galegas sobre o papel da muller desde a prehistoria ata a actualidade.

luns, 19 mar 2012
1332162840368.jpg
Programa

- Xoves, 22 de marzo ás 19,00 horas
"Prehistoria-Historia antiga"
Autora/Relatora: Mar Llinares García, profesora titular de Prehistoria da Universidade de Santiago de Compostela

- Sábado, 28 de abril ás 11,00 horas
"Idade Media"
Autora/Relatora: Carmen Pallares Méndez, catedrática de Historia Medieval da Universidade de Santiago de Compostela

- Martes, 22 de maio ás 19,00 horas
"Idade Moderna"
Autora/Relatora: Ofelia Rey Castelao, catedrática de Historia Moderna na Universidade de Santiago de Compostela

- Xoves, 7 de xuño ás 19,00 horas
"Época contemporánea"
Autora/Relatora: Herminia Pernas Oroza, doutora en historia comtemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela"

A entrada ao ciclo será libre ata completar o aforo. As persoas que desexen recibir diploma acreditativo de asistencia deberán realizar unha inscrición previa no Centro de Documentación e Recursos Feministas ou no tfno. 986 229074 e asistir ás catro sesións do ciclo.
Descargar todas as imaxes

Máis información