Escoitar

O alcalde di que Vigo é o concello de réxime común con menos débeda de España

Vigo é o concello de réxime común de España con menos débeda, tal e como ratifica o informe de Intervención que exclúe a cidade de acollerse ao Real Decreto Lei 4/2012 de Pago a Provedores. Segundo explica o rexedor, as arcas municipais están libres de débedas vencidas líquidas e esixidas.

luns, 19 mar 2012
1332162297Imagen010.jpg
"Vigo é o concello de réxime común con menos débeda de España" dixo esta mañá o rexedor ao aludir ao informe de Intervención no que liberaba ás arcas municipais de acollerse ao decreto de pago a provedores impulsado polo Ministerio de Economía. "Hai cero débedas vencidas líquidas esixidas, de acordo co Real Decreto Lei 4/2012 de Pago a provedores", insistiu ao tempo que citou textualmente un parágrafo do informe: "Tendo en conta a situación de pago das débedas recoñecidas ata 31 de decembro do ano 2011 e o pagamento na súa totalidade a esta data , esta Intervención Xeral, considera que, en aplicación ao Real Decreto 4/2012, no se dan as circunstancias de falta de liquidez en relación coas obrigas pendentes de pago para acometer un Plan de axuste, por non existir estas".

Caballero recalcou que estes datos aparecen nun informe oficial e "non son opinións do alcalde ou dun concelleiro", advertiu, explicando que este documento é o que Intervención municipal envía á Intervención do Ministerio de Facenda "e se fora falso sería penalmente esixible", indicou. Na liña de seguir defendendo a situación das arcas municipais, avanzou que o día que se asinou o informe, o 15 de marzo, o Concello de Vigo tenía 61 millóns de euros en caixa, despois de pagar débedas, nóminas, intereses "o que seguramente é o mellor indicador de tesourería de España". Continuou comparando "as cero débedas" de Vigo coa situación doutros concellos: Burgos, 56,3 millóns de débeda; León (280 millóns): Salamanca (17 millóns): Zamora (16,7); Granada (60); Ferrol (4,7 millóns); Antequera (11,4); Jerez (328 millóns); Cáceres (14,2 millóns); Granada (107 millóns); Madrid (1017 millóns); Valencia (200 millóns) ou Alcorcón (222) millóns).
Descargar todas as imaxes