Os espazos da Alcaldía acollen o realismo e luminosidade de Luis Romero
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e distintos integrantes da Corporación Municipal participaron este xoves na apertura dunha nova edición de Mostrarte, a iniciativa que promove exposicións artísticas periódicas nas dependencias da Alcaldía. Nesta ocasión é Luis Romero quen achega ao Concello de Vigo o seu perfeccionismo, a profundidade e a beleza da súa obra.
Mostrarte abre unha vez máis unha nova fiestra artística ao mundo nas instalacións municipais a través da visión do pintor Luis Romero, persoa cunha dilatada traxectoria ao iniciar a súa andaina cos pinceis en 1975 no colexio Virxe do Rocío.
Os expertos observan nos seus traballos o seu carácter perfeccionista e esixente, ben en acuarela, óleo ou grafito. Romero profundiza con cada obra nun realismo honesto, que arroxa unha luminosidade singular.
Descargar todas as imaxes