Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 22 mar 2012
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 23 DE MARZO DE 2012.


1.- Acta das sesións: ordinaria do 9 e 16 e extraordinaria e urxente do 16 de marzo de 2012.

BENESTAR SOCIAL
2.- Servizo de Axuda no Fogar. Exptes. 11/1322, 13/59, 15/1210, 16/346, 2/605, 15/2367, 23/1576, 13/24,2/272.

3.- Indemnización substitutiva a favor da "Fundación Aldaba", pola prestación dos servizos do dispositivo de atención á infancia e á familia durante o mes de febreiro de 2012. Expte. 71386/301.

4.- Indemnización substitutiva a favor de "Atención Social en Emergencias Grupo 5, S.L.U." pola prestación dos servizos do programa de redución do dano en medio aberto durante o mes de febreiro de 2012. Expte. 71384/301.

CONTRATACION
5.- Adxudicación procedemento aberto para contratar unha entidade colaboradora da Seguridade Social para cobertura continxencias profesionais. Expte. 21903/220.

6.- Aprobación da acta de comprobación parcial das obras do Auditorio Pazo de Congresos e modificación dos estatutos da concesionaria. Expte. 605/410.

7.- Dar conta do contrato subscrito con Vortal para licitación electrónica. Expte. 4028/241.

8.- Comunicación da absorción de Euxa, S.L. por Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A. Expte. 41015/301.

9.- Adxudicación da prestación do servizo de Axuda Domiciliaria á Infancia. Expte. 4979/224.

10.- Devolución de garantía a MDC Ingeniería. Expte. 4039/241.

CULTURA
11.- Resolución de subvención á Fundación Marzo para funcionamento e actividades do ano 2012. Expte. 13730/331.

IGUALDADE
12.- Cesión temporal da vivenda municipal identificada no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, co nº F-00473-C-007, por un período de 6 meses. Expte. 5441/224.

MOBILIDADE, SEGURIDADE E TRANSPORTES
13.- Indemnización substitutiva a Vitrasa, por servizo lanzadeira ó CUVI, meses xaneiro e febreiro de 2012. Expte. 82111/210.

14.- Mantemento do servizo de lanzadeiras ó CUVI durante o ano 2012, nas mesmas condicións en que se viña prestando. Expte. 82112/210.

15.- Devolución de fianza a favor de ASPANAEX, en relación coa celebración da XXVII Marcha Aspanaex. Expte. 82056/210.

MONTES, PARQUES E XARDINS
16.- Devolución de aval a Construcciones Castro Figueiro, S.L.U. Expte. 6477/446.

MUSEO CASTRELOS
17.- Depósito temporal indefinido da obra "Entrando na Primaveira, Parque de Castrelos" de Josías Figueirido Rivas, gañador dun accésit no I Certame de Pintura "Antonio Quesada". Expte. 4482/337.

PATRIMONIO
18.- Rectificación erros acordo XGL do 13.01.12 sobre o abono de cuotas da Comunidade Caldas de Reis, 1, pola vivenda ocupada polo Concello 2ºA. Expte. 19235/240.

19.- Revisión de prezos polo mantemento e conservación de parques infantís, adxudicado a CONTENUR S.L. Expte. 19328/240.

RECURSOS HUMANOS
20.- Gastos locomoción nov. 2011-febr. 2012. Expte. 22925/220.

21.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal da Policía Local (gran gala) con motivo da Cabalgada de Reis. Expte. 22944/220.

22.- Gratificación por domingos, festivos e nocturnidade correspondente ao mes de xaneiro de 2012 (2º parte). Expte. 22929/220.

23.- Complemento de produtividade do persoal do Servizo de Cemiterios por xornada partida correspondente ao mes de febreiro 2012. Expte. 22871/220.

24.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios con motivo dos servizo de Gran Gala da Policía Local "visita ao Concello do Delegado do Goberno en Galicia". Expte. 22878/220.

25.- Complemento de produtividade por toxicidade do persoal do Servizo de Desinfección correspondente ao mes de febreiro de 2012. Expte. 22877/220.

26.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal do Servizo de Cemiterios por exceso de xornada anual correspondente ao mes de febreiro de 2012. Expte. 22876/220.

27.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal municipal que traballou os días 24 e 31 de decembro de 2011 (2ª parte). Expte. 22855/220.

28.- Gratificación por domingos, festivos e nocturnidade correspondente ao mes de febreiro de 2012. Expte. 22879/220.

URBANISMO
29.- Pase á vía de constrinximento de multas urbanísticas (expte. 14903/423). Expte. 6047/407.

30.- Desestimación da Vía de prema por impago das cotas á Xunta de Compensación do PERI II-05 Rocio. Expte. 5041/401.

31.- Aprobación definitiva do proxecto expropiatorio por taxación conxunta da Área Dotacional nº 6 do PEPRI Casco Vello. Expte. 231/413.

32.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 23 de marzo de 2012, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.


Vigo, 21 de marzo de 2012.

O ALCALDE,Abel Caballero Álvarez
A CONCELLEIRA SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL, Dª. Mª Jesús Lago Rey.