xoves, 19 xuñ 2008
O concelleiro de Transporte e Mobilidade, Xulio Calviño, procura "mellorar o tráfico e por conseguinte a calidade de vida dos cidadáns" cunha campaña de información sobre a nova ordenanza de carga e descarga. O vindeiro domingo dará comezo, e inclúe publicidade en radio, prensa e televisión, cartelería pola cidade, anuncios nos autobuses e 100.000 folletos que serán repartidos polos vehículos aparcados.
mércores, 18 xuñ 2008
O alcalde, Abel Caballero, o concelleiro de Mobilidade, Xulio Calviño, e o Director de Peinador, Antonio García, presentaron este mércores a nova rotonda que se está a construir no entorno de Peinador, que ordenará a partir do próximo venres os accesos á terminal e ao recinto feiral de Cotogrande. O obxectivo é mellorar a fluidez do tráfico sen que os vehículos que se dirixan ao aeroporto desde Vigo teñan que facer un stop.
venres, 13 xuñ 2008
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou este venres a nova Patrulla Medioambiental, especializada na inspección, control e denuncia de delitos medioambientais. Creado en colaboración coa Concellería de Medioambiente, o destacamento vixia desde os ruídos ata as emisións contaminantes e o maltrato a animais. O alcalde reiterou que esta é "unha medida máis deste goberno na protección do entorno natural".
mércores, 11 xuñ 2008
O acta de replanteo asinada este mércores na rúa Gregorio Espino polo alcalde, coa presenza do concelleiro de Mobilidade, supón o inicio das obras dun novo aparcadoiro soterrado na cidade. O prazo de execución previsto era de dous anos, pero a empresa o adiantou a 20 meses. O tráfico non sufrirá restricións ata o outono. <br />
venres, 6 xuñ 2008
A Concellería de Mobilidade asinou o pasado xoves un convenio coa empresa Dornier, encargada da Xestión do Estacionamento Regulado, polo que, a partir do próximo luns, as sancións impostas polos controladores serán efectivas "por primeira vez neste Concello". O edil informou este venres que as multas por superar as dúas horas máximas de estacionamento non se aplicarán ata xullo.
xoves, 5 xuñ 2008
O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Seguridade, Xulio Calviño, presentaron este xoves en Samil as patrullas municipais de vixilancia das praias viguesas, que operan desde o pasado 1 de xuño. Os bañistas contarán cunha oficina de atención permanente en Samil e un vehículo no Vao, e os policías farán uso de seis novas bicicletas.<br />
mércores, 4 xuñ 2008
A Xunta de Seguridade se reuníu este mércores para tratar da seguridade en xeral da cidade e en particular das parroquias de Cabral e Candeán, tras os robos acontecidos durante o mes de maio. A Policía Local e Nacional manterá a vixiancia especial na zona, e tanto o alcalde coma o subdelegado do Goberno sinalan que non existen razóns para a alarma social.
martes, 3 xuñ 2008
O alcalde de Vigo e o concelleiro de Transporte e Mobilidade presentaron un novo vehículo para a loita contra o lume, especialmente preparado para actuar nos montes, cun coste de 219.000 euros. A nova dotación contempla unha bomba forestal pesada para a protección do propio vehículo e o brazo articulado de rescate en altura.
mércores, 28 mai 2008
No curso actual, a campaña contempla charlas en 80 centros de Vigo, prácticas no Parque Infantil de O Castro e actividades como o reparto de carteis informativos ou a Feira da Xuventude. O departamento de Educación Vial xa está a preparar a programación para o vindeiro curso. O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Seguridade, Xulio Calviño, visitaron este mércores o centro de educación vial de O Castro.
mércores, 21 mai 2008
Os 138 novos estacionamentos supón un incremento dun 41% con respecto á actualidade, e estarán listos "nun mes". O obxectivo é "mellorar a mobilidade da cidade", finalidade coa que a Concellería de Mobilidade e Transporte está a elaborar un "estudo de mobilidade sostible" cun investimento de 120.000 euros. Xulio Calviño avanza que estas medidas se ampliarán no futuro.