venres, 10 out 2008
Desde o próximo martes 21 de outubro e ata aproximadamente abril, os vehículos privados unicamente poderán circular en sentido ascendente, Travesía de Vigo-Aragón, xa que o carríl descendente queda en exclusiva para o transporte público. O concelleiro de Transporte e Mobilidade, Xulio Calviño, presentou este venres a nova ordenación do entorno de Jenaro de la Fuente debida ás fases I e II do aparcadoiro soterrado que comezan o martes. <br />
venres, 3 out 2008
O concelleiro de Transporte e Mobilidade, Xulio Calviño, anunciou este venres que, desde o vindeiro luns e durante todo o mes de outubro, catro policías vixiarán, en dúas patrullas, o cumprimento da nova ordenanza de carga e descarga. O edil anunciou que paralelamente se repartirán 10.000 novos dípticos informativos sobre o uso dos espazos reservados, co obxecto de concienciar aos vigueses do cumprimento da normativa.
venres, 19 set 2008
Así o anunciou este venres o concelleiro de Mobilidade, Transporte e Seguridade, como medida de apoio do Concello de Vigo ao Día Sen o Meu Coche, que se celebra o próximo luns. As liñas 12a, 12b, 13 e 31 non terán custo algún para os usuarios, co obxectivo de aproximar este servizo ás parroquias, explicou Xulio Calviño.
venres, 19 set 2008
O edil de Mobilidade, Transporte e Seguridade, Xulio Calviño, anunciou hoxe venres a colocación de 15 novos resaltes en puntos con densidade de peóns, para garantir a seguridade dos mesmos. Esta medida se suma aos 4 reductores e aos 3 pasos peonís elevados xa instalados na cidade nos últimos meses.
venres, 5 set 2008
Co fin de poder garantir a seguridade vial no contorno das obras de humanización da rúa, dende o luns día 8 de setembro, e por un tempo aproximado de un mes, suprímese a circulación do transporte público colectivo no sentido descendente, polo que o itinerario cara o centro realizaráse polas rúas Sanjurjo Badía, Enrique Lorenzo, Santa Tegra, Guixar e Julián Estévez.
martes, 2 set 2008
Este martes, o alcalde fixo entrega ao grupo dunha bandeira da cidade, que os policías levarán ao alto do outeiro Atlas, en Marrocos, nunha expedición que realizan durante as súas vacacións. Abel Caballero lles felicitou pola súa iniciativa e por levar o nome de Vigo nas súas viaxes.
venres, 22 ago 2008
Abel Caballero presentou este venres os primeiros 14 novos vehículos impulsados con gas licuado, o que converte a Vigo na primeira cidade galega con taxis equipados con esta tecnoloxía. O alcalde salientou as "vantaxes medioambientais" do combustible alternativo, que permite reducir ata nun 90% as emisións contaminantes fronte ao diésel e nun 50% os niveis de ruido.
xoves, 21 ago 2008
O alcalde, Abel Caballero, adiantou este xoves que, nos próximos anos, o goberno local realizará un "esforzo" para que as 75 cámaras de control do tráfico en Vigo cheguen ás 100. Este anuncio o realizou no transcurso da súa visita á Sala de Control de Tráfico do Concello, no que felicitou aos funcionarios polo seu "extraordinario" traballo.
martes, 22 xul 2008
O concellerio de Movilidade, tráfico e seguridade, Xulio Calviño, informou este martes 22 de Xullo as 12:00 horas dos traballos realizados en sinalización vial no ano de goberno. Tamén aproveitou para felicitar tanto aos policías encargados do dispositivo de tráfico do Festival Aéreo do pasado domingo como tamén aos cidadáns que elixiron o transporte público para o seu desprazamento. <br />
xoves, 17 xul 2008
Servizo especial de Autobuses-Lanzadeira desde Praza América hasta Samil con motivo do Festival Aéreo do 20 de Xullo.