Escoitar

Desde o próximo luns cambia temporalmente o itinerario do transporte público en Sanjurjo Badía

Co fin de poder garantir a seguridade vial no contorno das obras de humanización da rúa, dende o luns día 8 de setembro, e por un tempo aproximado de un mes, suprímese a circulación do transporte público colectivo no sentido descendente, polo que o itinerario cara o centro realizaráse polas rúas Sanjurjo Badía, Enrique Lorenzo, Santa Tegra, Guixar e Julián Estévez.

venres, 5 set 2008
Para facilitar o uso do transporte aos usuarios dese treito, habilitarase un sistema de transferencia que permitirá utilizar os autobuses do sentido ascendente para facer posteriormente transbordo aos que fan o itinerario cara o centro da cidade.

Para iso, os usuarios que abonen o servizo con tarxeta deberán pedirlle ao conductor un ticket xustificante do pago, e con ese ticket realiza o transbordo. Os que abonen o servizo en metálico co mesmo ticket de pago realizan o transbordo.