Escoitar
Benestar Social

Lista definitiva de alumnos/as e lista de agarda da Galescola da rúa Palencia

<br />

venres, 5 set 2008
Comunícase que está a disposición do público a listaxe definitiva de alumnas/os admitidas/os e lista de agarda da Galescola rúa Palencia de Vigo, curso 2008-2009, no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web www.vigo.org,.

Establécese o prazo de matriculación do 3 ao 10 de setembro ambos os dous incluídos. As matrículas presentaranse na oficina habilitada na galescola, r/ Palencia, nº 32, en horario de 9.00h a 14.00h e de 15.30h a 18.30h. De non formalizar a matrícula no prazo establecido, decaerá o dereito á praza obtida.