venres, 5 setembro 2008

Santi Domínguez afirma que o novo curso político consolidará a acción do Goberno municipal

venres, 5 set 2008

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, amosou hoxe o seu convencemento de que o novo curso que agora se inicia consolidará a acción do Goberno coa posta en marcha dos grandes proxectos e investimentos. "Como Goberno o 2009 ten que ser o ano de elevar o listón. Temos que acelerar porque a cidadanía xa intúe que hai un Goberno maduro que agora ten que entrar na concreción", sinalou o tenente de alcalde nun almorzo de traballo que mantivo hoxe cos medios de comunicación da cidade.

Desde o próximo luns cambia temporalmente o itinerario do transporte público en Sanjurjo Badía

venres, 5 set 2008

Co fin de poder garantir a seguridade vial no contorno das obras de humanización da rúa, dende o luns día 8 de setembro, e por un tempo aproximado de un mes, suprímese a circulación do transporte público colectivo no sentido descendente, polo que o itinerario cara o centro realizaráse polas rúas Sanjurjo Badía, Enrique Lorenzo, Santa Tegra, Guixar e Julián Estévez.