mércores, 3 setembro 2008

O alcalde anuncia que "en ningún caso" se subirán os impostos municipais en 2009

No momento no que o goberno de España e as Autonomías están a negociar o novo modelo de financiamento autonómico e local, Abel Caballero adiantou este mércores que "en ningún caso vai haber ningunha subida de impostos neste Concello" o vindeiro ano, o que non implicará recortes nos servizos aos cidadáns, concretou. Ademais, o alcalde propondrá a conxelación dos salarios dos edís municipais.

Vigo celebrará os días 18 e 19 de outubro a primera Feira de Liquidación de Stocks

mércores, 3 set 2008

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou hoxe Stockaxe, a primeira Feira de Liquidacións de Stocks do comercio de Vigo, salientando que en tempos de crise é fundamental poñer en marcha medidas que contribúan á dinamización dos sectores económicos como é o pequeno e mediano comercio. Stockaxe celebrarse no Ifevi os días 18 e 19 de outubro organizado po FECOVI e co apoio das asociacións de comerciantes de Vigo.

30 cadros de Pedro Solveira conforman a segunda mostra de arte na Alcaldía

mércores, 3 set 2008

Tras a mostra inicial a cargo de Antonio Quesada, hoxe mércores se inaugurou a segunda exposición que alberga as dependencias da Alcaldía de Vigo. Un total de 30 obras do recoñecido artista vigués Pedro Solveira reuniron a destacados membros da cultura viguesa e a representantes dos tres grupos políticos municipais, encabezados polo alcalde.