Escoitar

O alcalde anuncia que "en ningún caso" se subirán os impostos municipais en 2009

No momento no que o goberno de España e as Autonomías están a negociar o novo modelo de financiamento autonómico e local, Abel Caballero adiantou este mércores que "en ningún caso vai haber ningunha subida de impostos neste Concello" o vindeiro ano, o que non implicará recortes nos servizos aos cidadáns, concretou. Ademais, o alcalde propondrá a conxelación dos salarios dos edís municipais.

mércores, 3 set 2008
1220445672P5050013br.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou hoxe mércores que "en ningún caso vai haber ningunha subida de impostos neste Concello" no 2009, o que, segundo explicou, non implicará un recorte nos servizos ofertados aos cidadáns.

Co gallo da negociación aberta entre goberno central e autonomías sobre o financiamento autonómico, o alcalde manifestou compartir as postura do presidente da FEGAMP, a Federación Galega de Municipios e Provincias, instando á revisión do financiamento dos Concellos pois "é un bo momento", pero Abel Caballero desmarcouse deste anunciando que non subirán os impostos no vindeiro exercicio e, de facer algo, se baixarían.

Ademais, e á vista das opinións vertidas polos grupos municipais representados na Corporación Municipal de Vigo, o alcalde adiantou que proporá a conxelación dos soldos dos cargos electos, é dicir, do propio rexedor e dos concelleiros. Segundo explicou, os tres partidos comparten a conveniencia do estancamento dos salarios, polo que esta iniciativa se plantexará de cara aos próximos orzamentos municipais de 2009.
Descargar todas as imaxes