Escoitar

O alcalde visita ao novo persoal que atenderá ao rural vigués

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este martes no Parque Central de Santa Cristina aos 18 novos operarios do departamento municipal de Limpeza e aos 33 de Vías e Obras que atenderán en exclusiva ás zonas rurais de Vigo. Xunto cos 15 que se incorporan a Montes, Parques e Xardíns, son 66 os novos empregados contratados a través do Plan Municipal de Emprego para a atención do rural.

martes, 2 set 2008
1220359965trabajadores1peq.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este martes no Parque Central de Santa Cristina aos novos traballadores dos servizos municipal de Limpeza e Vías e Obras, aínda en formación, que atenderán ás zonas rurais da cidade. Aos 18 novos operarios de Limpeza e aos 33 de Vías e Obras se sumarán os 15 do departamento de Montes, Parques e Xardíns, polo que serán 66 os novos empregados do Concello destinados ao mantemento e atención do rural de Vigo.

Estas contratacións se producen á instancias do Plan Municipal de Emprego 2007-2011, en colaboración coa Consellería de Traballo da Xunta de Galicia. Na súa primeira fase, o investimento supera os 1,1 millóns de euros, e nunha segunda etapa, a inversión superará os 1,6 millóns coa suma de 37 traballadores máis. O total representa máis do dobre do investido no pasado ano 2007, segundo citou o rexedor.

O alcalde salientou a relevancia destas contratacións para o emprego, xa que se incorpora persoal procedente do INEM, e para o coidado do rural e a súa equiparación co centro, unha das premisas do goberno local.
1220359965trabajadores1peq.JPG
1220359976trabajadores2peq.JPG
Descargar todas as imaxes