Escoitar

Exposición de Xosé Guillermo "Danza nos tempos 2008-1967"

A Casa das Artes acolle unha exposición do artista Xosé Guillermo composta por unha seleción de 116 obras, 96 pinturas e 20 esculturas realizadas desde o ano 1967 ata o 2008. A exposición chámase "Danza nos tempos" e se pode visitar desde o martes 2 ata o 28 de setembro.

luns, 1 set 2008
12202654612.JPG
Nos anos 50 e 60, Xosé Guillermo está cos vellos mestres (Lugrís, Laxeiro, Sevillano, etc.) que fornecen no Elixio o pequeno oasis de alta creatividade que esta taberna supuxo no estéril panorama cultural local da época. Nos 70 Xosé Guillermo está xa na rúa, para non abandonala, nas tan recordadas mostras da Praza da Princesa xunto a algúns dos actores principais da arte galega da seguinte década. Nos 80, momento único en que Vigo quedou verdadeiramente desbordado pola creatividade, Xosé Guillermo encarnou como poucos o espírito libre, lúdico, efervescente, caótico, contaxioso da tan celebrada movida da década.

Dos 90 ata hoxe, Xose Guillermo amplía o seu ámbito de acción a outros horizontes máis distantes pero segue a traballar nesta cidade. Co mesmo espírito independente que de sempre o caracterizou será motor de proxectos varios. Dos muros de Guixar ás iniciativas da Fundición Nautilus, o artista segue a deixar na cidade pegadas dunha creatividade que en todo este tempo non tivo parón nen descanso.
12202654612.JPG
12202655811.jpg
Descargar todas as imaxes

Máis información