Escoitar
Anuncio de Persoal

Contratación interina de tres auxiliares de administración xeral

A Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o 26 de agosto de 2008, adoptou acordo aprobando as bases rectoras do proceso selectivo para a provisión con carácter interino por acumulación de tarefas, de tres auxiliares de administración xeral, por un período máximo de seis meses.<br />

venres, 29 ago 2008
Ponse en coñecemento dos/as aspirantes que as citadas bases están expostas no taboleiro de edictos da Casa do Concello e na páxina web (www.vigo.org).

O prazo de presentación de instancias será de tres (3) días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación do presente anuncio na prensa local.