A entrada soterrada do AVE, o Vigo Íntegra e o gran hospital reciben informes técnicos "favorables"
O alcalde de Vigo explicou hoxe xoves, en rolda de prensa posterior á Xerencia de Urbanismo, que os técnicos municipais deste departamento ditaminaron informes "absolutamente favorables" da entrada soterrada da Alta Velocidade, do plan Vigo Íntegra da Xunta de Galicia e do gran hospital de Vigo, "tres temas da maior importancia para esta cidade", subliñou Abel Caballero.
No tocante á entrada norte da Alta Velocidade, a modificación do trazado pasando de entrar en superficie a ser soterrado a 15 metros baixo cota non precisará dun novo estudo medioambiental, explicou o rexedor, segundo o documento elaborado pola Xerencia. O informe "fai fincapé" nas vantaxes da entrada en túnel para evitar a "ruptura" da cidade en dous, informou o alcalde.
Neste senso, Abel Caballero reiterou que "o un de xaneiro, as tuneladoras arrancarán desde Redondela", para chegar ao centro de Vigo 16 meses despois. Así, "en 2012, o tren de alta velocidade estará en Vigo", pechou o alcalde.
O informe técnico referente ao plan Vigo Integra elaborado pola Consellería de Política Territorial da Xunta de Galicia é "absolutamente favorable" e pasa revisión ás actuacións que o plan prevé na cidade, afirmou o rexedor; un "proxecto excepcional" que, xunto co novo Plan Xeral recientemente aprobado, supón a segunda "pata" que permitirá o "avance" da cidade.
O gran hospital de Vigo recibiu unha nova valoración "absolutamente favorable" dos técnicos municipais de Urbanismo, segundo o alcalde, á actuación de supramunicipalidade promovida pola Xunta de Galicia, é pide que se manteña un vial próximo e un noiro alí presente.
O alcalde mostrouse "satisfeito" polos resultado dos informes técnicos e salientou que "Vigo en este momento é o centro de actuación do goberno de España e de Galicia".