luns, 25 agosto 2008

O alcalde destaca o benestar cidadá e o impulso económico do novo Plan Xeral, xa en vigor

O alcalde valorou a entrada en vigor do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo, que hoxe luns entra definitivamente en vigor, salientando que esta "nova etapa" para a cidade supón benestar cidadá e un impulso a economía viguesa. Abel Caballero destacou do PXOM as 62.000 vivendas "libres de especulación", as zonas verdes, as novas infraestructuras e os 4,5 millóns de metros cadrados de chan industrial que contempla. <br />

Vigo acollerá en outubro unha convención que reunirá a preto de 1.000 empresas do sector da automoción

luns, 25 ago 2008

O alcalde recibíu este luns á Xunta Directiva de ANCERA, a Asociación de Comerciantes e Distribuidores do Recambio para a Automoción de Galicia, que organizará en outubro unha convención na que as empresas de automoción de Galicia valorarán o estado da industria auxiliar. Abel Caballero salientou que esta será o encontro "de maior envergadura de Galicia e seguramente de España".

Anuncio de Mobilidade e Seguridade

Peche ao tráfico da rúa Brea

luns, 25 ago 2008

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de gas, a realizar <br /> pola empresa GAS GALICIA, estará pechada ao tráfico a rúa Brea, á altura dos números 30-69, con acceso exclusivo para garaxes, dende o luns 25 de agosto de 2008 ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana.