Escoitar
Anuncio

Convocatoria do exame de obtención do permiso municipal de condución de autotaxis

Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas en tomar parte nos exames para a obtención do PERMISO MUNICIPAL DE CONDUTOR DE AUTOTAXIS, que deberán presentar a solicitude xunto coa documentación esixida na vixente Ordenanza municipal reguladora do Servizo, até o día 10 de setembro dos correntes. Teranse en conta soamente as solicitudes entregadas a partir do 16 de maio de 2008, incluído.

venres, 22 ago 2008
Así mesmo, aquelas persoas que presentaron a solicitude con anterioridade e que teñan caducado o certificado médico (considérase caducado se pasaron máis de tres meses dende a súa data de expedición), ou que non o presentasen, deberán facer entrega dun novo certificado nas oficinas da área, antes do día do exame.

As probas realizaranse nos días e nos horarios establecidos seguidamente, na Casa do Concello: DIA 25 DE SETEMBRO DE 2008 ás 9 horas, solicitantes cuxo primeiro apelido estea entre o A-L, ambos os dous inclusive; áss 11 horas, solicitantes cuxo primeiro apelido estea entre o M-Z, ambos os dous inclusive. Os solicitantes comparecerán provistos de bolígrafo, DNI e carné de conducir.

O Tribunal está composto por: presidente-Xulio Calviño Rodríguez; secretaria-Carmen Pintado García; vocal-Odilo Mosquera Carballo.