venres, 22 ago 2008
Incremento dun 20 por cento das pernoctacións na cidade de Vigo para o 2013, aumento dun 18 por cento do número de visitantes estranxeiros, desestacionalización do turismo e consolidación do emprego no ámbito da hostelería son algúns dos obxectivos que plantexa o Plan de Competitividade Turística presentado esta mañá polo tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez.
venres, 22 ago 2008
Xabier Alonso, concelleiro de Deportes, remitiu hoxe con carácter urxente unha carta ao presidente da Federación Galega de Fútbol, Carlos Meana, para coñecer a situación do campo federativo de Coia, proxectado, construído e xestionado pola propia federación desde hai 35 anos, e do que ao Concello chegaron noticias non oficiais sobre o seu posible peche.<br />
venres, 22 ago 2008
O grupo madrileño "El Canto del Loco" presenta en Vigo o seu último traballo "Personas" nun concerto que terá lugar o sábado 23 no IFEVI.
venres, 22 ago 2008
A selección de Israel é un dos pratos fortes do V Díptico Ciclista Internacional que este fin de semana disputarase en Vigo e percorrerá ata catorce concellos e no que participarán máis de cen ciclistas da categoría elite/sub 23.
venres, 22 ago 2008
<br />
Os participantes dos campamentos verán en Vigozoo realizan entre outra actividades unha denominada "enriquecemento ambiental" que consisten na aplicación de técnicas que aumentan o benestar e a calidade de vida dos animais do zoo. Inclúen a propia composición social do grupo, o agoche de alimento e a achega de xoguetes entre outros.<br />
Anuncio
venres, 22 ago 2008
Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas en tomar parte nos exames para a obtención do PERMISO MUNICIPAL DE CONDUTOR DE AUTOTAXIS, que deberán presentar a solicitude xunto coa documentación esixida na vixente Ordenanza municipal reguladora do Servizo, até o día 10 de setembro dos correntes. Teranse en conta soamente as solicitudes entregadas a partir do 16 de maio de 2008, incluído.