luns, 18 agosto 2008

O alcalde visita Lavadores, onde o Concello está a investir 250.000 euros

luns, 18 ago 2008

O alcalde, Abel Caballero, visitou este luns Lavadores, acompañado polo concelleiro de Grandes Proxectos, Angel Rivas, e representantes da Asociación de Veciños da parroquia viguesa. Alí salientou os 250.000 euros que o Concello inviste na humanización do entorno de Santa Cristina, e enfatizou o traballo e o "ideal político" do seu goberno, que se traduce no mesmo trato para o centro e as parroquias.

Santi Domínguez subliña a importancia de ofrecer apoio específico durante o verán ás persoas con discapacidade

luns, 18 ago 2008

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, salientou este luns a importancia de ofrecer apoio específico durante o verán ás familias e as persoas con discapacidade. Así o subliñou durante a visita que realizou á primeira edición do campamento "Agosto de Lecer 2008", organizado pola Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Benestar Social en colaboración con Pasovigo, entidade que integra as diferentes asociacións de persoas con discapacidade de Vigo.

O alcalde visita o programa "Efervesciencia na Praia" para a divulgación das ciencias do mar á sociedade<br />

luns, 18 ago 2008

O alcalde, Abel Caballero, acudíu este luns á Praia de O Vao onde está ubicado a campaña de comunicación Efervescencia na Praia, organizada pola Asociación de Oceanógrafos de Galicia que procura achegar as ciencias do mar á sociedade. O rexedor felicitounos pola organización de eventos deste tipo que afondan na "sensibilización das novas xeracións" da trascendencia do cambio climático.<br />

O concelleiro Xabier Alonso espera que os deportistas vigueses fagan un bo papel en Pequín

luns, 18 ago 2008

Esta é unha semana decisiva para os deportistas vigueses que compiten nos Xogos Olímpicos de Pequín, polo que o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso lles desexa sorte nesta cita e espera "un bo papel" dos deportistas na semana máis importante deles nos Xogos. Así, mañá martes, ás 22.15 horas (16.15 horas en España), Tamara Abalde e as súas compañeiras inician o asalto ás medallas ao comezar a fase de cruces no torneo de baloncesto feminino. Mentres, os atletas Santi Pérez e David Gómez preparan, respectivamente, as súas probas de 50 quilómetros marcha e decatlon.