O alcalde visita Lavadores, onde o Concello está a investir 250.000 euros
O alcalde, Abel Caballero, visitou este luns Lavadores, acompañado polo concelleiro de Grandes Proxectos, Angel Rivas, e representantes da Asociación de Veciños da parroquia viguesa. Alí salientou os 250.000 euros que o Concello inviste na humanización do entorno de Santa Cristina, e enfatizou o traballo e o "ideal político" do seu goberno, que se traduce no mesmo trato para o centro e as parroquias.
O alcalde, Abel Caballero, e o edil de Distritos e Grandes Proxectos, Angel Rivas, acudiron hoxe a Lavadores e percorreron, acompañados por varios representantes da Asociación de Veciños da parroquia, o entorno de Santa Cristina, onde o Concello está a investir 250.000 euros na sua humanización.
Abel Caballero enfatizou o investimento que o Concello está a destinar nos barrios e parroquias da cidade, esforzo que ten coma obxectivo conceder o mesmo trato no centro da cidade coma nas aforas da mesma, concibido polo alcalde coma un "ideal político" do goberno local.
O rexedor explicou que, en outubro deste ano, dará comezo a construción das novas beirarrúas na Baixada a Santa Cristina, uns traballos que estarán rematados a inicios do vindeiro ano e que supón un investimento de 145.000 euros.
Aproveitando a obra, adiantou o alcalde, se vai dotar á urbanización dunha rede de drenaxe independente para as augas pluviais. Tamén se instalará unha canalización para a rede de alumeado, incluídas as súas correspondentes arquetas. As beirarrúas se construirán en formigón impreso e se disporán pasos de peóns nos cruces transversais e lonxitudinais coas rúas de acceso.
Ademais, no entorno de Santa Cristina xa comezaron os traballos de humanización que mellorarán a zona que comprende o parque móbil, as dúas garderías, o polideportivo e a igrexa; unha obra de 115.000 euros de investimento que tamén estará lista a comezos de 2009, explicou o alcalde.