Escoitar

O alcalde constata o "servizo excepcional" do 010 e avanza que se "seguirá a impulsar"

O alcalde, Abel Caballero, visitou este xoves a oficina do servizo de atención ao cidadán, o teléfono 010, e salientou o "excepcional" do seu traballo e adiantou que "se seguirá a impulsar o seu funcionamento". No que vai de 2008, o 010 atendeu máis de 100.000 consultas, cifra coa que "se vai pulverizar" as 149.000 atendidas no 2007.

xoves, 14 ago 2008
1218715969P1.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, no transcurso dunha visita ao servizo de atención cidadá 010, felicitou aos seus traballadores polo "servizo excepcional" e "modélico", de utilización "cada vez máis masiva", definiu o alcalde.

Na visita, na que estivo acompañado polo concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, puido comprobar as instalacións nas que traballan os seis funcionarios e o protocolo de funcionamento. Segundo explicou Abel Caballero, existen tres niveis para atender ás chamadas xerais (suxestións e preguntas) e incidencias (queixas, etc). As operadoras poden resolver as consultas no momento, mediante a prensa e as bases de datos municipais; poden derivar as chamadas aos departamentos correspondentes para ser contestadas; e, de non ser posible a resposta de xeito inmediato, o servizo obtén a información e devolve a chamada ao cidadán.

No tocante ás queixas, o sistema está informatizado: se tramitan aos departamentos implicados e estes contestan, mentres que o 010 recibe unha notificación, a efectos de seguimento e rexistro. As máis demandadas se refiren ao tráfico ou a limpeza,

As consultas máis habituais atenden aos trámites municipais, citou o alcalde, con máis de 10.000 chamadas no que levamos de ano. Tamén destacan as cuestións sobre educación, servizos sociais, ocio e turismo, comunicacións ou cultura, enunciou Abel Caballero.

Segundo informou o alcalde, no ano 2007, o servizo atendeu un total de 149.000 chamadas. Este ano a cifra "se vai pulverizar", enfatizou o rexedor, xa que, no que levamos de 2008, son máis de 100.000 as consultas xestionadas, polo que Abel Caballero estima nun total de 170.000 as tramitadas en todo o ano.
1218715969P1.JPG
1218715981P2.JPG
Descargar todas as imaxes