Anuncio Benestar Social
venres, 29 ago 2008
O departamento de Benestar Social informa que a partir do 1 de setembro e ata o 15 de novembro fará entrega dos talóns polas axudas municipais escolares de libros, ano 2008-2009, concedidas.
venres, 29 ago 2008
Abel Caballero mostrouse "moi satisfeito" do resultado do novo parque infantil de Cabral e do "planeamento integral" que está a adoptar o Concello, no que "o centro e as parroquias son o mesmo", "os atendemos igual" explicou o alcalde. O departamento de Parques e Xardíns, que dirixe Raquel Díaz, investiu nesta dotación preto de 20.000 euros.
venres, 29 ago 2008
O departamento educativo do MARCO presenta unha exposición didáctica con selección dos traballos realizados polos participantes nos obradoiros infantís de verán, ‘TI ES O MUSEO’, que finalizan nesta data, e que estiveron en marcha dende o 8 de xullo.
venres, 29 ago 2008
A Escola Municipal de Artes e Oficios anuncia o calendario oficial de presentación de solicitudes de novo ingreso e matriculación para o curso 2008-2009.
Anuncio de Persoal
venres, 29 ago 2008
A Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o 26 de agosto de 2008, adoptou acordo aprobando as bases rectoras do proceso selectivo para a provisión con carácter interino por acumulación de tarefas, de tres auxiliares de administración xeral, por un período máximo de seis meses.<br />
Anuncio de Recadación Voluntaria
venres, 29 ago 2008
Conforme co establecido no artigo 60.1 de Ordenanza fiscal xeral, aprobada por acordo do Pleno do día 25 de decembro de 1995 publicado no BOP 27 de decembro de 1995, e no uso das atribucións que me confiren, resolvo sinalar o período de cobranza voluntaria para os padróns dos impostos sobre bens inmobles e actividades económicas dende o 1 de setembro ao 3 de novembro deste ano.