Escoitar

‘TI ES O MUSEO’ exposición didáctica no Marco <br />

O departamento educativo do MARCO presenta unha exposición didáctica con selección dos traballos realizados polos participantes nos obradoiros infantís de verán, ‘TI ES O MUSEO’, que finalizan nesta data, e que estiveron en marcha dende o 8 de xullo.

venres, 29 ago 2008
1220015751timuseo2.jpg
Durante os meses de verán, coincidindo coa mostra ‘O MEDIO É O MUSEO’, o MARCO presentou unha experiencia para público infantil centrada na preparación dun proxecto expositivo para o museo. O título do programa alude á idea de participación e implicación nos espazos do MARCO, a través de percorridos por salas ou outras dependencias, e de divertidas sesións no taller de didáctica. Ademais de coñecer por dentro o proceso de organización e posta en marcha dunha exposición, as actividades centráronse en procesos de creación na arte contemporánea.

Unha vez inaugurada o 29 de agosto, esta mostra didáctica permanecerá aberta ao público durante unha semana, ata o 5 de setembro, no mesmo espazo do salón de actos.

Ademais da exposición en si, esta mostra dos traballos realizados sirve como balance dos resultados do programa didáctico ‘TI ES O MUSEO’, iniciado o 8 de xullo.

Dende o punto de vista cuantitativo, o número total de participantes foi de 1.728 entre público infantil e adultos acompañantes: 734 no mes de xullo e 994 no mes de agosto, cunha media de 34 participantes por sesión.

Respecto aos resultados cualitativos, tanto a estrutura das sesións como a metodoloxía e contidos contribuíron a un mellor coñecemento dos procesos de creación na arte contemporánea, especialmente os que teñen como base a interpretación do espazo, dos soportes, a acción do artista e a participación do espectador. En liña cos obxectivos marcados, os nenos/as coñeceron desde dentro o funcionamento dun museo e a organización dunha exposición, e foron partícipes desta experiencia, sentindo os espazos do museo como algo propio. As actividades ofreceron claves para valorar e interpretar unha obra de arte, traballando a percepción visual e sensorial, e mellorando habilidades e capacidades de observación, reflexión e interpretación.

1220015751timuseo2.jpg
1220015775timuseo1.jpg
Descargar todas as imaxes