Escoitar

Solicitudes de novo ingreso e matrícula da Escola Municipal de Artes e Oficios

A Escola Municipal de Artes e Oficios anuncia o calendario oficial de presentación de solicitudes de novo ingreso e matriculación para o curso 2008-2009.

venres, 29 ago 2008
1220011106artes.jpg
Aprobado o Plan de Normalización Curricular pola Xunta Rectora do Organismo Autónomo EMAO, en sesión de data 14 de xullo de 2008, anúnciase o calendario oficial de presentación de solicitudes de novo ingreso e matriculación para o curso 2008-2009 na Escola Municipal de Artes e Oficios:

Especialidades xerais: Pintura, Escultura e talla en madeira, Debuxo, Cerámica, Encadernación, Repuxado en Coiro, Moda e confección, Artes Gráficas, Encaixe de Palillos, Ourivaría.

- 17 de xullo-2 de setembro: exposición das listas de pre-matriculados (alumnado que finalizou nivel na súa especilidade no curso 2007-2008)
- 3-5 de setembro: exposición definitiva das listas de pre-matriculados
- 8-16 de setembro: preinscrición alumnado de novo ingreso; matrícula pre-matriculados
- 19 de setembro: Exposición do listado de alumnos novos que fixeron a preinscrición.
- 24 de setembro: sorteo das preinscricións de alumnado de novo ingreso.
- 26 de setembro: exposición listas de admitidos segundo o sorteo.
- 26-30 de setembro: Matrícula alumnado de novo ingreso.
- 1 de outubro: Exposición das listas definitivas. Comezo do Curso

Especialidades CAIM: Construcción Artesanal de Instrumentos Musicais (Gaita, Zanfona, Luthería antiga)

- 17 de xullo-2 de setembro: exposición das listas de pre-matriculados
- 3-5 de setembro: exposición definitiva das listas de pre-matriculados
- 8-16 de setembro: Matrícula pre-matriculados
- 17-26 de setembro: Preinscrición, se é o caso, alumnado novo ingreso
- 29 de setembro: sorteo das preinscricións
- 30 de setembro: exposición listas de admitidos segundo o sorteo.
- 1 de outubro: inicio curso alumnado procedente do curso 2007-2008
- 2 de outubro: Exposición listados definitivos alumnado de novo ingreso; Inicio, se é o caso, do curso para alumnado de novo ingreso

Horarios de administración

Lugar: Edificio principal da EMAO, rúa García Barbón, 5
Horario: de 10 h. a 14 h., laborables de luns a venres.
Máis información:
- Web-EMAO: http://hoxe.vigo.org/movemonos/educacion
- Correo electrónico: emao@vigo.org
- Tfno.: 986228088

Notas importantes :
Durante o curso 2008-2009 non se convocarán cursos de iniciación nas especialidades de Cerámica e de Encadernación.
- O alumnado procedente do curso 2007-2008 que lle corresponda continuar os seus estudios conforme ao Plan de Normalización Curricular, deberá obrigatoriamente matricularse nos prazos sinalados.
- Para as especialidades CAIM, a convocatoria de novas prazas para iniciación, dependerá da existencia de vacantes despois do período de pre-matriculación.
Descargar todas as imaxes