martes, 2 set 2008
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o Secretario Xeral de Comunicación da Xunta e presidente do Consorcio Audiovisual de Galicia, Fernando Salgado, presentaron este martes a mostra que "pon a Vigo no marco dos circuitos de cine de España", subliñou o rexedor. Proxectaranse seis producións seleccionadas polo Instituto Nacional de Cine e Artes Audiovisuais de Arxentina no Salón do Antigo Reitorado da Universidade de Vigo, nun único pase diario ás 20 horas.
martes, 2 set 2008
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este martes no Parque Central de Santa Cristina aos 18 novos operarios do departamento municipal de Limpeza e aos 33 de Vías e Obras que atenderán en exclusiva ás zonas rurais de Vigo. Xunto cos 15 que se incorporan a Montes, Parques e Xardíns, son 66 os novos empregados contratados a través do Plan Municipal de Emprego para a atención do rural.
martes, 2 set 2008
Este martes, o alcalde fixo entrega ao grupo dunha bandeira da cidade, que os policías levarán ao alto do outeiro Atlas, en Marrocos, nunha expedición que realizan durante as súas vacacións. Abel Caballero lles felicitou pola súa iniciativa e por levar o nome de Vigo nas súas viaxes.