Escoitar

Vigo celebrará os días 18 e 19 de outubro a primera Feira de Liquidación de Stocks

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou hoxe Stockaxe, a primeira Feira de Liquidacións de Stocks do comercio de Vigo, salientando que en tempos de crise é fundamental poñer en marcha medidas que contribúan á dinamización dos sectores económicos como é o pequeno e mediano comercio. Stockaxe celebrarse no Ifevi os días 18 e 19 de outubro organizado po FECOVI e co apoio das asociacións de comerciantes de Vigo.

mércores, 3 set 2008
1220445559Feirastockaxe.JPG
"En tempos de crise non podemos mirar para outro lado e por iso desde a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Comercio apostamos desde o primeiro momento por esta inciativa dos comerciantes da cidade", salientou o tenente de alcalde, para resaltar a importancia que esta iniciativa pode ter nun sector que está sendo un dos máis afectados pola crise.

Santi Domínguez considera que esta feira será un bo escaparate para amosar que Vigo ten un pequeno e mediano comercio de calidade. "Temos que dignificar o noso comercio e demostrarlle á cidadanía que merece un gran respecto polo que supón na xeración de emprego e na creación de tecido social", sinalou. A este respecto manifestou que o Concello de Vigo vai a poñer todos os recursos que teñá ao seu dispor para apoiar ao sector e "buscar novos intrumentos que lle permitan saír adiante".

A presidenta de FECOVI, Encarna Álvarez, sinalou que a idea de organizar esta feira naceu hai catro anos, pero que non foi posible poñela en marcha pola falta de apoios que agora si atoparon na Tenencia de Alcaldía e na Concellería de Comercio. Adiantou que se prevé a presenza de 100 establecementos comerciais da cidade, que ocuparán 4.000 metros cadrados. A feira contará tamén un servizo de gardería e actividades de dinamización. "Poderase estar todo o día de compras en familia sen saír do IFEVI", explicou.
Descargar todas as imaxes