Escoitar

30 cadros de Pedro Solveira conforman a segunda mostra de arte na Alcaldía

Tras a mostra inicial a cargo de Antonio Quesada, hoxe mércores se inaugurou a segunda exposición que alberga as dependencias da Alcaldía de Vigo. Un total de 30 obras do recoñecido artista vigués Pedro Solveira reuniron a destacados membros da cultura viguesa e a representantes dos tres grupos políticos municipais, encabezados polo alcalde.

mércores, 3 set 2008
1220446573expo1peq.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presidiu este mércores a inauguración da segunda mostra de arte que alberga a Alcaldía de Vigo nas súas dependencias, un acto que reuniu a insignes representantes da cultura viguesa e a representantes dos tres grupos municipais.

Despois da "magnífica acollida", en verbas do rexedor, da exposición anterior de Antonio Quesada, o recoñecido artista vigués Pedro Solveira tomou hoxe mércores o seu relevo con trinta dos seus últimos traballos, herdeiros do constructivismo, segundo indicou o propio Solveira.

O coordinador das mostras na Alcaldía, o tamén artista vigués Mingos Teixeira afirmou que este proxecto é un "avance substancial" para acercar o arte á xente, á cidadanía, e definiu a Pedro Solveira como "un home que leva o nome de Vigo por todo o mundo". Pola súa banda, Solveira agradeceu a Teixeira a súa "vontade tremenda" para por en marcha a mostra, e destacou a disposición dos artistas para coa cidade.

O alcalde agradeceu a Solveira a súa "magnífica exposición", que da continuidade á de Quesada, e que representa para Abel Caballero un xeito de entender o arte "novo e suxestivo". Abel Caballero expresou que a intención da mostra pasa pola "unión dos lugares públicos co arte, os artistas e a cultura".

O rexedor subliñou que a exposición é de todo o Concello, xa que "a Alcaldía é de todos", e representa como se pode traballar conxuntamente.
1220446573expo1peq.JPG
1220446584expo2.JPG
Descargar todas as imaxes