Urbanismo, Mobilidade e Seguridade representan a metade dos casos atendidos polo Valedor do Cidadán
Na presentación ao Pleno da Corporación do balance de actividades da institución no 2007, o Valedor destacou o urbanismo e a mobilidade e seguridade como os principais temas tratados , e salientou asemade que, no momento actual, practicamente o 50% do total dos expedientes abertos <br /> están resoltos.
O Valedor do Cidadán, o profesor Luis Espada Recarey, presentou hoxe xoves o balance anual de actividades da institución correspondente ao pasado 2007. Na súa intervención, Espada sinalou que os departamentos de Urbanismo e Mobilidade e Seguridade acaparan practicamente a metade do total dos casos expostos.
No tocante a este ano 2008, o Valedor observa unha áxil contestación ás solicitudes formuladas pola súa Oficina ás diferentes concellerías. Así, Espada citou que o 50% do total dos expedientes abertos están resoltos.
O Valedor tamén explicou as actuacións de oficio levadas a cabo pola institución, desenvolvidas sobre as seguintes temáticas: a análise da contribución de Vigo ao cambio climático; os hábitos de consumo sobre enerxía, auga, xeración de residuos e produtos que fomentan a sustentabilidade da cidadanía viguesa; a satisfacción desta coa súa comunidade local; a mobilidade e transporte de pasaxeiros no municipio; e as medidas de actuacións locais para a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro.