Dúas patrullas vixiarán en outubro as 290 zonas reservadas para carga e descarga
O concelleiro de Transporte e Mobilidade, Xulio Calviño, anunciou este venres que, desde o vindeiro luns e durante todo o mes de outubro, catro policías vixiarán, en dúas patrullas, o cumprimento da nova ordenanza de carga e descarga. O edil anunciou que paralelamente se repartirán 10.000 novos dípticos informativos sobre o uso dos espazos reservados, co obxecto de concienciar aos vigueses do cumprimento da normativa.
O concelleiro de Transporte e Mobilidade, Xulio Calviño, anunciou hoxe venres novas medidas para garantir o cumprimento da nova regulación da carga e descarga nas 290 zonas reservadas ao efecto na cidade.
Calviño explicou que, desde o próximo luns, se distribuirán 10.000 novos dípticos informativos sobre a normativa, que se suman aos 100.000 xa repartidos nunha primeira quenda a finais do mes de xuño. Ademais, o edil avanzou a saída ás rúas, desde o luns e durante o mes de outubro, de dúas patrullas de dous policías cada unha para vixiar exclusivamente o cumprimento da regulación.
Asemade, o concelleiro salientou que 120 furgonetas e camións de distintas empresas de transportes levarán a publicidade da normativa, así como algúns vehículos de transporte público.
A nova regulación da carga e descarga se publicou no Boletín Oficial da Provincia o 23 de xuño deste ano, segundo indicou Calviño, e conseguiu varios obxectivos. Así, subliñou a claridade da nova sinalización, cun novo horario que facilita e amplia o aparcamento e un maior uso da vía pública.
O edil explicou que, das 290 zonas reservadas para carga e descarga, 198 xa contan coa nova sinalización, o total de espazos permite realizar ao día un total de 25.520 operacións, o que considera suficiente xa que incluso están a aparecer algunhas zonas libres.
Descargar todas as imaxes