O Verbum de Vigo acolle unha mostra sobre a figura de Celso Emilio Ferreiro
Dende o vindeiro 7 de outubro e ata o 30 de novembro, en horario de martes a domingo de 10 a 19<br /> horas, o museo Verbum de Vigo albergará unha exposición adicada á figura do escritor Celso Emilio<br /> Ferreiro.
A mostra presentará a vida e obra do poeta de Celanova mediante paneis informativos que repasarán a través de textos e imaxes a súa traxectoria vital desde Celanova até Madrid, pasando pola guerra en
Asturias ou o exilio en Caracas. Ademais, dúas vitrinas exhibirán ao público un conxunto de obxectos
persoais pertencentes a Celso Emilio.
Proxección audiovisual
Os visitantes poderán tamén acceder á proxección dun documento audiovisual realizado con imaxes e
músicas extraídas da obra Fotobiografía Sonora de Celso Emilio Ferreiro. Este libro CD, editado por
Ouvirmos, aproxímase ao autor a través de máis de cen fotografías do seu álbum familiar e de dous CD's nos que se recolle a propia voz do poeta, así como unha escolma dos seus poemas musicados.
Mesa redonda
Nas instalacións do museo celebrarase ademais o día 10 de outubro ás 20 horas unha mesa redonda
baixo o título de "Celso Emilio Ferreiro na súa etapa viguesa (1950-1966)", na que se abordarán os tres lustros que o autor pasou na cidade olívica, onde escribiu obras fundamentais coma O soño sulagado (1955) e, sobre todo, Longa noite de pedra (1962).
Neste coloquio intervirán Luís Ferreiro, presidente da Fundación Celso Emilio Ferreiro e fillo do poeta; Ramón Nicolás, autor da Fotobiografía Sonora do celanovés, e José M. Aldea, director executivo de Ouvirmos.
Descargar todas as imaxes